Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Isaac Díaz Pardo, BD de cego
    Manel Cráneo descóbrenos a conexión de Díaz Pardo co cómic
    Isaac Díaz Pardo elaborou nos anos 70 'carteis de cego' que supoñen un precedente do uso da linguaxe da BD en galego. Paco Pixiñas e A nave espacial poden considerarse exemplos de 'protohistorietas', malia a desconfianza coa que Díaz Pardo vía o cómic.
    11 min
  • A muralla de Lugo, 25 anos como Patrimonio da Humanidade
    En novembro de 2025 faranse 25 anos da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, un fito ao que se lle dedica a oitava edición das xornadas de divulgación do patrimonio arqueolóxico do Museo Provincial de Lugo. 
    Conversamos co investigador Adolfo de Abel Vilela, que dará a conferencia inaugural sobre o rol da muralla na Historia e na vida da cidade, e co arqueólogo Enrique Alcorta, codirector das xornadas, que formou parte do equipo de redacción da proposta de inscrición na listaxe da Unesco.
    17 min
  • Os debuxos de Alejandra Pombo Su
    A artista expón en Vigo 'Lo que me encuentro'
    O espazo de arte SVT acolle a mostra 'Lo que me encuentro', de Alejandra Pombo Su. A exposición reúne debuxos de papel en pequeno formato
    desta artista compostelá.
    12 min
  • O Día das Artes Galegas recorda a Isaac Díaz Pardo
    Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado na décima edición do Día das Artes Galegas, que impulsa a Real Academia de Belas Artes.  
    Lembramos a súa faceta como pintor e o seu impulso a proxectos colectivos da importancia do Laboratorio de Formas ou Sargadelos co historiador e académico de Belas Artes
    Felipe Senén e o seu fillo, Xosé Díaz Arias de Castro, tamén académico da Sección de Artes da Imaxe da RAGBA.
    12 min
  • 'Birken'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Birken’, de Diego Alfonsín. Un xogo de espellos que pescuda no lugar onde comezan e rematan as preguntas, a identidade, a casualidade...
    8 min
  • 'Cancioneiro galego serodio'
    “As músicas e líricas dun pobo viaxan na memoria das mulleres. Temos un patrimonio inmenso”
    ‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras.
    A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas realizadas ao longo de trinta anos, vén adornada de historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións.
    21 min
  • Nashgul e Ocean Gates
    Escoitamos grindcore, doom e occult rock con Patty Castro, que segue amosándonos os diferentes subxéneros do metal a través de bandas galegas. Os coruñeses Nashgul son pioneiros do grindcore, un dos xéneros máis extremos, mentres que os ferroláns Ocean Gates practican un hard rock que oscila entre o doom e o occult.
    11 min
  • Óscar Corral, premio Ortega y Gasset de Fotografía
    Conversamos con Óscar Corral sobre a imaxe que lle vale o premio Ortega y Gasset de Fotografía 2025, tomada na localidade valenciana de Alfafar en novembro de 2024.
    A fotografía, que mostra un grupo de bombeiros que sosteñen un poste danado pola riada, recorda outra imaxe icónica, a tomada polo fotógrafo estadounidense en Iwo Jima en 1945.
    17 min
  • 'Montedapena'
    Carlos Crespo tráenos o traballo primeiro de Montedapena, o proxecto persoal do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira)
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube