Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Amar a (mares)'
    “O vidro é o único material que se pode reciclar ata o infinito”
     “Amar a(mares)”, unha compilación de obras da  artista coruñesa Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. Ares leva décadas desenvolvendo un traballo singular con vidro fusionado, con pezas que están entre a pintura, a escultura e mesmo a arquitectura
    No Museo Provincial de Lugo ata o 31 de maio.
    16 min
  • 'Narcisa e os monos voadores'
    A exposición 'Narcisa e os monos voadores', é un proxecto expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista, xestado por Ana Costas para as artistas Ruth Lodeiro, Montse Rego, MX Fernández, Ricardo de Campos, Alma Pérez, Marita Carmona, María Xosé Díaz e Rita Más Ibáñez, coa colaboración de Carlos Villanueva.
    Vituco Neira fala coa comisaria da mostra, Ana Costas
    16 min
  • Ler Jane Austen en galego
    Raquel C. Pico fálanos de Jane Austen, da que este ano se celebra o 250º aniversario do seu nacemento. Case a totalidade da súa obra podemos lela en galego
    9 min
  • ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’
    A Xunta homenaxea con ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ as máis de sete décadas de creación artística dun imprescindible da cultura galega, que aos 93 anos segue en activo.
    A exposición componse de 45 pinturas, 5 debuxos e unha peza audiovisual inédita  realizada por Miramemira, e está comisariada por Pilar Corredoira.
    Ata o 7 de setembro no Gaiás
    17 min
  • 'Cando a paisaxe se fixo verba'
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Cando a paisaxe se fixo verba', de Christian Villamide, na galería Néboa de Lugo. Falamos tamén co artista da relación da súa obra coa paisaxe e a natureza.
    12 min
  • Encontro universitario de danza
    O Teatro Principal de Santiago acolle, entre hoxe e mañá, a 23ª edición do Encontro Universitario de Danza (EUD), que ofrecerá as mellores producións das compañías que impulsan as tres universidades públicas do noso país. Falamos co seu responsable, Juan Carlos Zahera, con Cruz García, unha das danzantes e con Ainhoa Linaza, coreógrafa
    En maio estarán en Lugo.
    16 min
  • 'Conta, Sherezade'
    Dolores Vilavedra comenta a última novela de Suso de Toro «Conta, Sherezade», armada arredor da memoria, a escrita e a literatura.
    9 min
  • Residencias Artísticas Mariñán 2025
    “Apostamos polo proceso creativo, non polo resultado”
    A Deputación de A Coruña ten en marcha as Residencias Artísticas Mariñán 2025, con catro proxectos de literatura e pensamento e outros tantos de música.
    Conversamos coa comisaria destes últimos, Aitana Cuétara e coa artista Ailén Kendelman, que proxecta convertírese en muller orquestra.
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube