Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Erregueté
    Afonso Becerra debulla o número último de Erregueté, a revista das artes escénicas en Galicia @erreguete.gal
    14 min
  • Filmei paxaros voando
    “Eu a miraba como nai pero era incapaz de mirar o lado luminoso que tiña”. Zeltia Outeiriño presenta Filmei paxaros voando, un documental sobre o desarraigo, os coidados e a liberdade.
    12 min
  • De Belém Tajes a Iván Ferreiro
    Novidades, concertos e unha panxoliña
    Tito Lesende pica unha das cancións do primeiro disco de Belem Tajes, 'Amar o mar' e a colaboración de Tanxugueiras con Shinova. No menú de concertos, Noite Atari e Iván Ferreiro, que acaba de estrear panxoliña con Guadi Galego.
    13 min
  • 'Ultranoite cultureta'
    O grupo Chévere leva a Culturgal unha Ultranoite que revisará coa súa irreverencia habitual o estado da cultura galega e algúns dos seus lugares comúns. 
    A 'Ultranoite Cultureta' desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 30 de novembro. Ademais Chévere fará cinco Ultranoites na sala Capitol de Santiago durante o Nadal.
    15 min
  • O millo miúdo
    Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford.
    O documental indaga nos usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes localidades de Asturias, Galiza e Portugal.
    16 min
  • Museos de BD
    Manel Cráneo recoméndanos museos de cómic en Bruxelas, California ou Sabadell e explica as funcións destes centros dedicados á conservación e á difusión do cómic.
    13 min
  • Os 'dessassosegos' de Manuel Patinha
    A mostra retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' permite percorrer a traxectoria artística de Manuel Patinha, artista portugués afincado en Ferrolterra desde hai varias décadas.
    A escultura é a disciplina que deu máis sona a Patinha, que realizou moitas pezas para espazos públicos, pero a exposición recolle tamén o seu traballo nos ámbitos do gravado, a fotografía e á pintura, á que pertencen as últimas obras do artista. A mostra pode visitarse no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ata o 5 de xaneiro.
    8 min
  • Cando a moda é escultura
    A deseñadora María Barros é unha das participantes na última edición das residencias artísticas do Gaiás. O seu proxecto Téxtil suspendido explora formas escultóricas realizadas en seda e algodón con técnicas de alta costura.
    12 min
  • A volta de Hugo Guezeta
    'O noso tempo' é o primeiro disco longo de Hugo Guezeta, o que fora un dos integrantes do grupo Sondarúa. Un traballo que enceta unha nova xeira na traxectoria do rapeiro de Ponteareas, que explora novos ritmos e temáticas coa produción de Peter Petrowski. 'O noso tempo' preséntase en directo o día 14 de decembro na sala Rebullón de Mos, o día 19 na Mardi Gras da Coruña e o 21 de decembro na sala Sónar de Santiago.
    16 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube