Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Justicia Artificial
    “É un thriller político”
    O coruñes Simón Casal preestrea hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.
    31 min
  • Glosario da BD
    Manel Cráneo estrea a súa sección sobre banda deseñada aclarando algúns conceptos sobre esta arte que para el é tan vella como os debuxos nas paredes das cavernas.
    31 min
  • HerDanza en Santiago
    A oitava edición do festival HerDanza toma Santiago ata o 7 de setembro. Leodán Rodríguez e Isábel Sánchez debullan a programación do festival, que leva espectáculos de danza a espazos como a igrexa das Ánimas,
    a praza de San Martiño Pinario ou o Museo do Pobo Galego.
    31 min
  • O cura monicrequeiro
    Domingo Martínez de Presa, o cura monicrequeiro.
    Foi abade de San Miguel de Feás, en Xinzo da Limia. Deseñaba autómatas e escribiu un libro sobre eles en 1662.
    Falamos con Inacio Vilariño, que reproduciu un deses enxeños para o Museo ddas Marionetas de Lalín.
    31 min
  • Arte e fantasía
    Mónica Maneiro comenta a exposicion 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', que pode visitarse no Museo de Pontevedra ata o 29 de setembro
    31 min
  • O xogo de Escher
    «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción, unha novela curta coa que Manuel Esteban se adentra na metafísica e nos propón xogarnos a vida cun computador en diferentes momentos da Historia
    31 min
  • As primeiras da lista
    Son os artistas galegos con máis actuacións en concertos e festivais dunha escena bulideira sen precedentes.
    Coñecémolos un pouco mellor falando con eles.
    -Fillas de Cassandra é un dúo musical formado en 2022 por dúas coruñesas, María SOA e Sara Faro. A súa música baséase na tradición oral, o feminismo, a mitoloxía grega e a electrónica.
    -The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros en 2018 . Nas súas propias palabras fan “un guiso de estilos”. Confórmano Xanma, Samuel, Xaquín e Matías.
    -Mondra é artista, cantareiro e bailador. Martín Mondragón, de Recesende (Teo) fusiona o tradicional coa electrónica. “
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube