Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Mulleres que resistiron ao fascismo
    Mulleres que resistiron ao fascismo 
    A Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña acolle unha exposición dedicada á resistencia das mulleres ao fascismo na guerra civil española 
    e na segunda guerra mundial. Unha mostra documental e fotográfica que pode visitarse ata finais do mes de outubro. No marco da exposición
    o 12 de setembro desenvolverase un faladoiro no que participarán descendentes de varias mulleres represaliadas e activistas encarceradas 
    durante a ditadura.
    31 min
  • Os inicios da radio en Galicia
    Os inicios da radio en Galicia.
    Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro. Estvo en antena de 1933 a 1936
    31 min
  • Un mosteiro, un mar de historias
    “Un mosteiro, un mar de historias” pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da  Orde do Císter ubicado na costa atlántica.
    A mostra percorre 875 anos -dende o s. XII ata o s. XXI- desvelando por vez primeira episodios descoñecidos do monumento e da propia historia de Galicia.
    Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.
    31 min
  • Palestina existe e persiste
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Palestina existe e persiste', na galería compostelá Patio de Luz. A exposición reúne obras e instalacións de Raquel Álvarez Méndez, María Xosé Domínguez e Elena Fernández Prada.
    A galería acollerá unha acción especial relacionada coa mostra o 14 de setembro, na Noite dos Museos.
    31 min
  • A muller misteriosa
    Quen é aquela moza? Situémonos:
    1957. Aldea das Aguias, Muras (Lugo). O oftalmólogo e investigador Antón Beiras tira 35 fotografías da malla na eira da casa dos de Pascual, os seus sogros.
    2024. As imaxes expóñense por vez primeira na vella caseta de correos da estrada que comunicaba Lugo con Viveiro. O cartel da exposición amosa unha rapaza que traballou naquela malla.
    Tódolos retratados están identificados. Menos ela, a muller misteriosa.
    31 min
  • La Bohème e Sensoxenoma
    Pablo Sánchez Quinteiro estréase como colaborador compartindo a súa paixón con Mahler, o comezo da tempada lírica na Coruña con 'La Bohème' de Puccini e explicando en que consiste o proxecto Sensoxenoma no que colabora a Real Filharmonía de Galicia.
    31 min
  • A nova regueifa toma os institutos
    A nova regueifa toma os institutos
    Nos últimos anos a improvisación oral en verso chegou a un feixe de centros escolares galegos a través do proxecto Regueifesta. Conversamos cos docentes
    Manolo Maseda e Séchu Sende, impulsores desta iniciativa, e con Marta Iglesias, unha das adolescentes que aprendeu no instituto a súa paixón pola regueifa.
    31 min
  • hydn
    Hoxe coñecemos á coruñesa hydn, de nome real Sandra Guedev, creadora no seu momento do  "galenglish" pero que agora só canta engalego.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube