Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Chega aos cines 'Justicia Artificial'
    Conversamos con Santi Prego e Ledicia Sola, dous dos intérpretes galegos que participan no thriller 'Justicia Artificial', que explora os dilemas que suporía o uso da intelixencia artificial na xustiza.
    Dirixida e coescrita por Simón Casal, a longametraxe está participada pola produtora galega Abano e pola TVG. Estréase nas salas de cine este venres 13 de setembro e proxectarase na sección
    'Made in Spain' do Festival de Donosti.
    31 min
  • Verbena, política e melodía
    Hoxe Tito Lesende tráenos dúas estreas do país: 'Papá & Mamá', reviravolta de Ortiga ao clásico de Los Satélites, e 'Cantare', unha peza na que Hugo Guezeta une forzas coas rapeiras Nadie González e Temible Olivina.
    Ademais escoitamos a Jake Bugg, que participa no OUR Fest.
    31 min
  • Catro días de música nas Revenidas
    Visitamos o festival Revenidas, que ata este domingo acolle en Vilaxoán concertos de Fillas de Cassandra, Lendakaris Muertos, Rebeliom do Inframundo ou Vértebras.
    Nesta edición do festival despídese do público o proxecto Nación Quilombo de García MC e tamén a banda catalá La Pegatina, visitante habitual das Revenidas. 
    Imaxe de Christian Pérez
    31 min
  • Celme de zanfona
    Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona
    Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreques.
    No CENTRAD de Lugo ata este domingo.
    31 min
  • Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico
    O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico.
    Trátase dunha versión da mostra que representou a Galicia na Porto Design Biennale e completa o traballo da Fundación para a creación dun arquivo dixital
    17 min
  • 50 anos do Gaspariño
    Manel Cráneo recorda a Gaspariño, un personaxe co que Xaquín Marín empezou a publicar viñetas na nosa lingua no xornal 'El Ideal Gallego' en 1974.
    Lembramos a mirada crítica e humorística daquel neno filósofo e a importante traxectoria deste pioneiro do cómic galego.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube