Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Filloas
    Carlos Crespo tráenos o vigués Filloas , que acaba de publicar un adianto do seu terceiro disco. “22 minutos”. Mestura  tecno, pop, punk e electrónica,
    31 min
  • Cine galego en San Sebastián
    Falamos con Chelo Loureiro, que presenta dúas curtametraxes da súa produtora de animación Abano. Son "Lola, Lolita, Lolaza" e "Eu vou comigo". Ademais forma parte da produción da película Justicia Artificial, que compite na sección oficial.
    31 min
  • PROTO (SN1806)
    Janet Novás trae ao teatro Rosalía da Coruña PROTO (SN1806). O espectáculo de danza parte das supernovas e reivindica a forza do colectivo a través de tres performers.
    18 min
  • Papóns e Anna Kadabra
    Papóns e Anna Kadabra
    Eva Mejuto proponnos hoxe ler Papóns, un álbum ilustrado de Sandra Lodi gañador do premio Alberte Quiñoi. E xa está en galego Anna Kadabra,
    unha maga rebuldeira creada por Pedro Mañas que se converteu en todo o un fenómeno literario.
    31 min
  • Revoltallo, festival parroquial
    Visitamos a trixésimo primeira edición do Revoltallo, un festival gratuíto e comunitario que organiza a parroquia viguesa de Valadares.
    Música de Os Vacalouras, Sun Iou, Silvia Penide ou Cabodano, obradoiros e programación familiar durante toda a fin de semana.
    31 min
  • IRIBARNE
    IRIBARNE , do Centro Dramático Nacional é-segundo a propia compañía- un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí camiñando da man de secundarios imprescindibles da Historia de España. Pero ollo, non é un biopic sobre Manuel Fraga
    Texto Esther F. Carrodeguas
    Dirección Xavier Castiñeira
    31 min
  • Estreas recomendadas
    Moncho Lemos fálanos de dúas estreas de cine español.
    Puntos Suspensivos, dirixida por David Marqués, é un thriller que combina o mundo da literatura cosuspense psicolóxico
    Solos en la noche, de  Guillermo Rojas. Un grupo de avogados laboralistas agóchase nunha casa cando se produce o golpe de Estado do 23-F.
    31 min
  • Galician Freaky Film Festival
    Do 20 ao 28 deste mes desenvólvese en Vigo a oitava edición do Galician Freaky Film Festival na Praza Elíptica. Na sección oficial compiten 60 curtametraxes chegadas de 29 países. Conversamos con Juan de Castro, director do festival, que salienta as producións galegas e as homenaxes aos 40 anos de Terminator e Pesadelo en Elm Street. Tamén as dúas décadas da mítica Toxic Percebe.
    31 min
  • O anxo que nunca fun
    "Hai cousas moi sorprendentes para min mesmo" M. Outumuro revisa a influencia dos recordos da infancia na súa obra.
    O fotógrafo inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun"
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube