Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Inconformistas da música clásica
    Coñecemos a nova temporada da Real Filharmonía de Galicia con Baldur Brönniman e Sabela García-Fonte, director técnico e artístico e directora técnica respectivamente. 
    Baixo o título 'Inconformistas', a programación pon o foco en compositores que abriron novas vías sonoras. Canda Beethoven ou Berlioz, nomes do noso tempo como Isabel
    García-Tomás, Premio Nacional da Música en 2022 e compositora residente da RFG neste curso.
    31 min
  • Polos camiños de Santiago con Edith Warthon
    Con Raquel C. Pico seguimos as pegadas de Edith Wharton pola Galicia dos anos vinte.
    Considerada unha das escritoras máis populares da literatura estadounidense contemporánea, a súa novela máis coñecida é ‘A idade da inocencia’ 
    En 1925 e 1928 percorreu o noso país e quedaron testemuñas escritas nun diario e apuntes para un libro. Segundo dixo Galicia ten unha “paisaxe inigualable, a non ser pola de Grecia” chea de “cores translúcidas”.
    31 min
  • Antes de Nós
    Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada”
    Non é unha biografía convencional, xa que busca entender como era Castelao antes de se converter nunha icona. As cousas así, céntrase en dous momentos fundamentais: o seu labor como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918 e a viaxe a Bretaña coa súa dona tras perderen o seu único fillo en 1929.
    31 min
  • X Encontro Cultura e Cidadanía
    Os dereitos culturais e as transformacións na cultura dos últimos dez anos a exame no encontro Cultura e Cidadanía que se desenvolve en Santiago de Compostela
    600 profesionais participan no programa do Ministerio de Cultura
    17 min
  • Unha casa onde vivir
    Dolores Vilavedra comenta o poemario ”Unha casa onde vivir”, de Inma Núñez, a obra gañadora da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
    31 min
  • Hórreos
    “O hórreo é un sinal de identidade de primeira liña”. Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Rede Internacional Hórrea de Graneiros Elevados Tradicionais. Galicia acolle por vez primeira o seu Encontro Internacional do 27 ao 29 deste mes en A Estrada.
    31 min
  • Semana de cine de Lugo
    "En Lugo hai moitísimos cinéfilos que aprenderon cine con nós e agora van cos seus fillos e netos". Comeza a 46 edición da Semana de Cine de Lugo
    A Semana de Cine proxecta 147 filmes en cinco espazos da cidade.
    17 min
  • 'Bel canto' e música de cine
    'Bel canto' e música de cine 
    Pablo Sánchez Quinteiro ponnos música de Donizetti, Bruckner e John Williams mentres repasa o calendario de concertos de clásica para os próximos días.
    Tempada lírica da Coruña, concertos de clásica no OUFF e un repaso pola presenza de músicos galegos en orquestras berlinesas.
    31 min
  • A conquista romana do Noroeste, en 3D
    A conquista romana do Noroeste, en 3D
    O proxecto Finis Terrae pescuda a conquista romana no Noroeste da Península e utiliza novas metodoloxías para a investigación e a divulgación.
    Conversamos cos arqueólogos José Manuel Costa-García e Francisco Alonso Toucido.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube