Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Nace unha Mostra de Teatro en Bergondo
    Nace unha Mostra de Teatro en Bergondo
    A I Mostra de Teatro no Mosteiro quere ofrecerlle a esta comarca coruñesa unha cita anual co teatro. A Mostra nace do grupo amador local, Catro Gatos, que inaugura o evento o venres 27 de setembro coa súa versión de Río Bravo, o clásico que a compañía Chévere estreou en 1990. Conversamos co director da peza, Tone Martínez, e cun dos integrantes do elenco, Óscar García.
    31 min
  • A loba branca
    “ A loba Branca fala de vinganza e tamén de redención”. Brais González, compositor e director desta ópera galega.
    A música está inspirada nun relato de Vicente Risco que discorre no Courel. Ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e urbanas. Hoxe ás 19h no Principal de Ourense.
    31 min
  • Bulebule
    "Hai unha certa idade na que de repente perdemos o público"
    Os Náufragos Teatro estrea Bulebule, un espectaculo sobre o TDAH e o valor da diversidade que retoma o ronsel do premiado Hugo.
    17 min
  • Bala, O Portughés, Mariagrep
    Tito Lesende repasa a programación do festival Noites do Porto, na Coruña, no que actúan Bala o venres 27 de setembro.
    Tamén escoitamos cancións novas d'O Portughés e mais de Mariagrep.
    31 min
  • MARÉ, música e diversidade
    Ata o 29 de setembro o festival MARÉ celebra a diversidade con concertos en diferentes espazos de Santiago de Compostela.
    A Pedreira, Albert Pla, Ana Lua Caiano, Francisco, el Hombre ou Alana son algúns dos artistas que participan neste encontro con músicos
    de dez países diferentes, que incorpora nesta edición un espazo profesional. Conversamos co coordinador do festival, Quique Costas, e con Sés, 
    que actúa no Teatro Principal en formato trío.
    31 min
  • Soy Nevenka e La virgen roja
    Moncho Lemos comenta dúas estreas de cine baseadas en feitos reais.
    *Soy Nevenka, de Icíar Bollaín, relata a historia da concelleira que denunciou ao alcalde de Ponferrada por acoso.
    *La virgen roja, de  Paula Ortiz, é outra revisión do caso Hildegart, un dos crimes máis célebres da crónica negra española.
    31 min
  • Baiuca na Radio Galega
    “ É o disco de divertirme”.
    Barullo é o terceiro álbum de estudio de Baiuca, con máis electrónica aínda e ritmos máis rápidos. Está callado de colaboracións e ten por obxectivo é poñer a xente a bailar.
    31 min
  • A pintura que mira
    “O cadro tamén mira”. Ánxel Huete expón na Coruña obra recente. A Galería Nordés acolle a exposición “A pintura que mira” comisariada por Juan de Nieves
    17 min
  • Visita ao castro de Astérix
    Manel Cráneo lévanos á aldea de Astérix... ou máis ben ao parque temático que a recrea desde hai 35 anos.
    Unha oportunidade de pasear entre os personaxes dun dos cómics máis lido do mundo e moi querido en Galicia,
    onde dispoñemos dos álbums da serie traducidos á nosa lingua.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube