Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Lugares habitados na infancia
    Eva Mejuto tráenos lecturas sobre lugares habitados na infancia.
    Son calado, de Andie Powers. Unha historia do ser introvertido que todas as persoas levamos dentro
    O noso recuncho, de Marina Núñez. Un exemplo da forza que podemos chegar a ter cando traballamos xuntos
    31 min
  • Elixir de amor
    Afonso Becerra comenta L'èlisir d'amore, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani
    30 min
  • Rodrigo Cortés, Calpurnia de honra 2024
    “Hai moita pegada galega en min, como a retranca”
    Rodrigo Cortés recibe esta noite a Calpurnia de honra do OUFF.
    O cineasta e escritor, de raíces ourensás, ten pendente de estrea a súa última película “Escape”, producida por Martin Scorsese.
    30 min
  • Mulleres que viven soas
    O FIOT acolle a estrea de “Mulleres que viven soas”. Entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino na nova obra de Berrobambán
    17 min
  • Outono de estreas musicais
    Tito Lesende anticípanos os novos traballos de tres artistas galegos: León Benavente, liderados polo vigués David Cobas, Pablo Lesuit e mais RSK Emocional. 
    Despedímonos escoitando 'Perdón', a colaboración de Rivadulla con Berto.
    31 min
  • Curtocircuíto explora novas formas do audiovisual
    Conversamos con dous dos cineastas que participan na 21ª edición do Festival Curtocircuito. O ferrolán Alberto Gracia, director de filmes como 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser' ou 'La parra' protagoniza a sección 'Terra'. A madrileña Laura Moreno Bueno compite na sección oficial 'Cosmos' coa peza 'Ulía'.
    31 min
  • Festival de Sitges
    Moncho Lemos viaxa a Barcelona para asistir ao Festival de Cine Fantástico de Sitges, que hoxe bota a andar con 'Presence' de Steven Soderbergh
    32 min
  • Terceiro acto. A volta trala pandemia
    Terceiro acto. A volta trala pandemia
    “Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria”
    O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago a obra Terceiro acto, interrompida no seu día por mor do coronavirus, coa que percorrerá oito cidades.
    O elenco está formado agora por César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César Goldi e Fernando Morán. Texto e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez a partir de improvisacións cos intérpretes.
    32 min
  • A BD no mercado da arte
    Os orixinais da banda deseñada teñen xa unha consideración similar ás pezas de arte. Manel Cráneo fálanos da subhasta de 50 orixinais de Lucky Luke en París 
    e dos prezos que poden alcanzar páxinas doutros clásicos.
    11 min
  • Premio Nacional para a restauradora do Pórtico da Gloria
    Conversamos coa conservadora e restauradora Ana Laborde no día no que o Ministerio de Cultura lle concede o Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais. 
    O gran fito da carreira de Laborde é a conservación e restauración do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, que supuxo un punto de inflexión na conservación da pedra policromada.
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube