Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Material de construción
    Dolores Vilavedra comenta Material de construción, de Eider Rodríguez. A relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico.
    Tradución ao galego de María Ramos
    31 min
  • Curtocircuíto
    CURTOCIRCUITO arranca esta tarde en Santiago a súa XXI edición coa proxección do filme de 1916, “Vinte mil leguas de viaxe submarina”.
    O certame compostelán redobra a súa aposta polo experimental fronte ao cine convencional, máis estancado segundo director do festival, Pela del Álamo
    31 min
  • Dos Túzaros a Urko
    Patty Castro segue presentándonos pioneiros da 'Galiza metálica'. Hoxe fálanos de Túzaros, un grupo de hardcore punk compostelán activo na década dos 90 e nos primeiros anos deste século. Un dos seus integrantes, o arqueólogo Mario César Vila, milita agora na formación de metal Urko,
    que veñen de publicar o seu primeiro EP.
    31 min
  • OUFF, moito máis que proxeccións
    OUFF, moito máis que proxeccións
    Conversamos coa actriz Ledicia Sola, que presenta o seu primeiro proxecto como directora no marco do OUFF Lab. 'As augas' é unha longametraxe sobre mulleres de mediana idade que está en proceso de produción. No Festival Internacional de cine de Ourense preséntanse proxectos cinematográficos e tamén se rodan películas, como nos conta Paulino Pérez, coordinador dos certames Fas Muvis e Fas Curtas, dirixidos a cineastas de menos de 30 anos.
    31 min
  • Tomás Porteiro
    Carlos Crespo preséntanos a Tomás Porteiro, un cantante e compositor compostelán que ademais da súa carreira en solitario fai parte de bandas coma Sinestesia e Néboa
    Pop elegante con sonoridades da tradición americana
    31 min
  • Pena Corneira
    A campaña arqueolóxica no Monumento Natural de Pena Corneira localizou un gran poboado romano e unha necrópole. Pero quizais o máis rechamante son os restos do Calcolítico que poden remontar a ocupación do lugar como mínimo hai 4.000 anos.
    Pena Corneira ocupa arredor de mil hectáreas entre os concellos de Leiro e Carballeda de Avia. Vituco Neira lévanos ata alí e conversa co arqueólogo que dirixe os traballos.
    31 min
  • XXIX OUFF
    O Ouff presenta a versión restaurada do filme Raíces de Carlos Velo. Comeza a 29 edicion do Ourense Film Festival.
    17 min
  • Avoas e cogomelos
    Avoas e cogomelos
    Eva Mejuto abre a temporada de cogomelos co libro Reino Fungi. Mundo entretecido, de Octavia Mosciatti e Loreto Salinas.
    Tamén lemos Quen precisa unha avoa? de Andrea Barreira Freije.
    31 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube