Semana de medo en Vilagarcía. Celébrase o Festival do Imaxinario Curtas, centrado no cine fantástico. Serán proxectadas 23 longametraxes e 95 curtas. Falamos co director do festival, Luis Miguel Rosales.
Hórreos e paneiras camiño de seren Patrimonio Cultural: o Ministerio dálle impulso á reivindicación. O Consello Nacional de Patrimonio Histórico iniciará os trámites para o recoñecemento oficial.
"A muller ten que asumir no poder o rol masculino ou pode romper con el?” Camila Bossa protagoniza con Luis Iglesia Testosterona, a nova montaxe de Malasombra Producións. Falamos con ela e con Xoque Carbajal, director da obra.
Eva Mejuto vén falarnos de dous contos para ler neste Samaín: 'Valentina Nunca Calas e o Monstruo da Media Cara', de Charo Pita, e 'Sete monstruos e un gato', de Rafa Ordóñez.
Arranca Womex na Coruña. Está considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Bello, de Nordesia, e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines.
No relativo á gran pantalla, Moncho Lemos vén falarnos de dúas películas: 'Alimañas', de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez; e 'A contadora de películas', de Lone Scherfig.
Na Fundación Laxeiro de Vigo inaugurouse a exposición “O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”. Alberto Santos é o comisario da mesma.
12 min
About Todos os podcast | A penaltis
From the publisher's feed
O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube