Este luns arrancou a Semana de Cine Euroárabe Amal 2023 co foco no conflito entre Israel e Hamás. Desenvolverase no Teatro Principal de Compostela. Charlamos das súas claves co seu director, Ghaleb Jaber.
Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'Hotel Carioca', de Antón Riveiro Coello. Galardonado co I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022, foi editado por Galaxia.
Auga e moedas do alxibe do castelo de San Antón. Son parte dos materiais que Rubén Santiago emprega na mostra 'Ante a inminencia', que pode visitarse na 'Normal' da Coruña, e da que falamos con Mónica Maneiro.
Emilio Españadero fálanos da visita de Yoko Takano a Vigo e preséntanos 'Bolboreta', novo tema do grupo As Lembranzas; e 'Sorrisos no ceo', último traballo discográfico de Airiños da Peneda.
Slams, micros abertos, impro... Santiago acolle o festival de poesía nova 'Luz Póetica', do que falamos con Yamini Prabhu Barretto e con Lúa Mosquetera.
Con Estíbaliz Espinosa miramos cara ás Oriónidas (se as nubes nos deixan) e escoitamos o poema de Ada Limón que a sonda Europa da NASA levará a unha das lúas de Xúpiter.
'O home e o can' chega a 22 salas de cine galegas. As actrices Paula Chaves e Estíbaliz Veiga preséntannos a película de Ángel de la Cruz, que comparten con Manuel Manquiña. Soidade, coidados, vellez nun filme para poñerse nos zapatos dos outros...
En outubro chega a librarías a versión estendida de "Ultraluz", de Ledicia Costas, Premio Afundación de poesía con Xerais. O 20 de outubro chega tamén aos escenarios na Cidade da Cultura, coa música de Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.
17 min
About Todos os podcast | A penaltis
From the publisher's feed
O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube