Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • O intervalo de Ana Gesto
    Canda Mónica Maneiro conversamos coa artista Ana Gesto, gañadora da XIX edición do Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, coa obra performativa 'Intervalo', unha pausa sonora convertida en obxecto
    14 min
  • O debut de Lontras
    Carlos Crespo trae a Lontras e o seu debut ‘Caras de lume’: unha fusión de indie, pop e folk que o trío, capitaneado por Juan Arca, sitúa entre a psicodelia minimalista e a electrónica de cámara
    9 min
  • ‘O corvo sobre a neve’ e ‘A egua de Breogán’
    Andrea Jamardo tráenos a novela ‘O corvo sobre a neve’, unha distopía da multipremiada Andrea Maceiras coa que gañou o último Jules Verne de literatura xuvenil de Edicións Xerais.
    Tamén ‘A egua de Breogán’, un álbum ilustrado de Estefanía Padullés na editorial Hércules
    24 min
  • 'O corpo aberto' e 'Esquece Monelos'
    Begoña Vázquez recoméndanos unha película e un documental da cineasta Ángeles Huerta, galardoada esta fin de semana en Sitges co primeiro premio Josefina Molina de guión por’Lampreas’. En agalega.gal están ao seu dispor ‘O corpo aberto’ e ‘Esquece Monelos’, ambas multipremiadas
    12 min
  • Erregueté
    Erregueté, a revista galega de teatro, leva máis de corenta anos sendo memoria impresa das artes escénicas galegas. Afonso pon en valor a existencia dun medio que axuda á divulgación do teatro, a danza, a maxia... feitas en Galicia.
    13 min
  • A penaltis 09-10-2025
    O Celta revisa as condicións do contrato de Claudio Giráldez. Comentámolo co xornalista que deu a primicia, Abraham Martínez, do Diario As. Conversamos con Manolo, o 'Gran Capitán' do Celta, despois de que Iago Aspas igualase a súa marca de 533 partidos oficiais coa camisola celeste. Imos a Xinzo de Limia porque 38 anos despois o Antela F.C. volve liderar a Preferente Sur. Conversamos co seu capitán, Pedro Castro, e co vicepresidente do clube, Juan Gómez. Analizamos o noso derbi desta din de semana entre As Celtas e o Dépor B co exadestrador das coruñesas, Óscar Orro. Saudamos a Marcos Mella, irmán de David Mella, xogador do Dépor que desputa o Mundial Sub-20.
    2 hr 1 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube