Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Érica Esmorís marca un triplo
    Andrea Jamardo dedícalle un monográfico á escritora coruñesa Érica Esmorís, da que acaban de chegar ás librarías tres novelas.
    Esmorís conseguiu o premio Merlín 2025 con ‘Erin e o lobo’ (Xerais), e foi gañadora e asemade finalista do Raíña Lupa con ‘Esta é a miña historia e terás que crela’ (Xerais) e ‘O Peculiar’ (Cuarto de inverno), respectivamente
    Conversamos tamén coa autora: “Todas as miñas obras teñen capas”
    24 min
  • Tres curtas moi recomendables
    Begoña Vázquez recomenda tres curtas que están en agalega.gal.
    ‘Anacos’, de Xacio Baño; ‘Son unha tumba’, de Khris Cembe; e ‘As vacas de Wisconsin’, de Sara Traba.
    7 min
  • 'Ruar'
    Afonso Becerra lévanos de ruada co colectivo VACAburra, onde están Andrea Quintana e Gena Baamonde nun proxecto que xira arredor da creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. Andan agora co espectáculo ‘Ruar’ como divertimento e xogo nas rúas con Davide Salvado
    10 min
  • De ruta musical norteña
    Tito Lesende fai un percorrido norteño que comeza na Coruña, coa estrea do novo tema de Roura e segue por Cedeira con Guadi Galego. De aí a Asturias, cos novos traballos de Marisa Valle Roso e Rita Ojanguren. A ruta remata en Cantabria con Quique González, que saca disco mañá venres
    12 min
  • 'Parecido a un asesinato' e 'La sospecha de Sofía'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas:
    - ‘Parecido a un asesinato’, de Antonio Hernández. Baseada na novela homónima de Juan Bolea, aborda os misterios da conduta humana.
    - ‘La sospecha de Sofía’, de Imanol Uribe. Unha de espías que toma como base a novela de Paloma Sánchez-Garnika.do mesmo título
    11 min
  • A penaltis 01-10-2025
    Protagonistas do choque entre Bergantiños e Ourense CF.
    O debut de Dro Fernández no Barça con alguén que o coñece moi ben.
    Análise do Celta-Paok cun seguidor dos gregos.
    2 hr 1 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube