Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Podcast cultural 8. De Camiños e Hippocampus
    O proxecto de intercambio escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, "Camiño Escena Norte" celebra sétima edición e amplía espazos e programa. E ademais a estrea de Xaime Miranda e Nuno Pico na curtametraxe con "Hippocampus".
    18 min
  • 'Punto de araña'
    Malores Villanueva comenta ‘Punto de araña’, de Nerea Pallares e editada por Galaxia. Unha novela mariñeira e coral consagrada como un dos éxitos deste verán
    16 min
  • A penaltis 09-09-2025
    Tamén preguntamos á IA quen é para ela o mellor xogador galego de fútbol da historia: será Iago Aspas? Viaxaremos ata a Arxentina para conversar co xornalista Maxi de la Vita, quen fixo chorar a Scaloni na despedida de Leo Messi, e tamén falamos con William, dianteiro que marcou o histórico primeiro tanto da Sarriana na 2ª RFEF.
    2 hr 1 min
  • David Bailey's Changing Fashion
    Mónica Maneiro comenta a exposición ‘David Bailey's Changing Fashion’ na Fundación MOP. A mostra céntrase na obra do fotógrafo británico de moda, e experto no retrato musical, nas décadas dos 60 e 70 do século pasado
    12 min
  • A penaltis 08-09-2025
    Repasamos o ocorrido nos partidos da fin de semana con Alberto Blanco, Eros López e Óscar Martínez prestándolle especial atención á vitoria da selección española en Turquía. Conversamos co exxogador do Depor Javi Manjarín e co capitán do Compostela, Samu Rodríguez.
    2 hr 1 min
  • Novela e banda deseñada para a volta á escola
    Andrea Jamardo trae dúas propostas de lectura aptas para todas as idades.
    ‘Amaia Lapitz e o sartego da Raíña Vermella’, de Katixa Agirre, e publicada en galego por Aira Editorial. Vai dunha rapaza que acompaña a súa nai arqueóloga aYucatán para investigar as ruínas maias...e dan cun cadáver!
    ‘A brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas’, unha BD de Elena Andrés publicada por Árbore que nos sitúa no primeiro día en sexto de primaria dun grupo de amigos
    13 min
  • 'O descoñecido'
    Begoña Vázquez recomenda ver en Agalega.gal ‘O descoñecido’, de Dani de la Torre, rodada na Coruña con Luís Tosar, Luía Zahera e Javier Gutiérrez no reparto. Non a perdan!
    12 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube