Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Lecturas sobre saúde mental
    Malores Villanueva estrea colaboración no GxD recomendando dous libros relacionados coa saúde mental: o ensaio ‘As tolas que non o eran’, de Carmen V. Valiña e a novela ‘As obras póstumas’, de Diego Giráldez
    14 min
  • A arte contemporánea de setembro
    Mónica Maneiro principia temporada nova repasando as exposicións abertas no CGAC e a Cidade da Cultura, en Compostela. Tamén a Bienal de Pontevedra ou a mostra en Vilanova de Cerveira, en Portugal, na que participan artistas galegos. E avanza citas vindeiras como Aberto, da asociación galega de galerías, e moito máis
    11 min
  • Podcast cultural 2. Metamorfose e Termas
    "Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón que son? Bechos? Insectos?" Sarabela Teatro estrea en Ourense a versión escénica da obra de F. Kafka "A metamorfose" Conversamos con Fernando Dacosta e Carlos Álvarez Osorio. E Beli Martínez fala da estrea do filme de Gabriel Azorín na Mostra de Cine de Venecia
    23 min
  • Un carballés en Dinamarca: 10kr
    Carlos Crespo inaugura temporada coas ‘descubertas’, músicos/as emerxentes. Hoxe tráenos o carballés Pablo Canedo, afincado en Dinamarca, que acaba de lanzar  ‘Wh?n the sick rule the world’ baixo o nome artístico de 10 kr
    18 min
  • Estreamos colaboradora experta en LIX
    Coñecemos a nosa recomendadora de libros para o público infantil e xuvenil: Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno e secretaria de GALIX.
    No día da súa estrea tráenos dúas propostas: ‘Cando o mundo é azul’, de Óscar Reboira editado por Galaxia, e ‘A busca de Muncho’, de Tiago Delgado editado por Antela
    15 min
  • Festivais de setembro e novidades do outono
    Carlos repasa o cartel de tódolos festivais cos que remata o verán en Galicia: Boimorto, Rianxo, Carril, Vigo, Burela, Lugo, A Coruña, Vilaxoan...Ademais anuncia próximos lanzamentos: De Ninghures con The Rapants, Tanxugueiras, Arritmia, Lontras, Boyanka Kostova...
    14 min
  • Remesturas galegas
    As remesturas de cancións naceron como experimento e diversión ata converterse co tempo nunha estratexia de mercado. En Galicia temos bos exemplos deste formato. Escoitamos a Kike Varela, Peter Petrowski, Montedapena ou Mundo Prestigio.
    13 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube