Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Crear porvir
    “Segue reivindicando os valores e a ética cos que naceu”
    ‘Crear porvir', un documental sobre a historia da editorial Galaxia, que fai 75 anos neste 2025. Estréano en aberto este sábado Galaxia e Nós Televisión, que é quen o produciu. Falamos con Ana Viqueira, unha das directoras
    13 min
  • Comeza o Resu!!!
    O Resurrection Fest abre as portas da súa 20ª edición e fai de Viveiro o epicentro de metaleiros, hardcoretas e demais familias do rock duro e o punk.
    Entrevistamos o grupo vigués Aphonnic, que toca o venres no escenario principal
    16 min
  • As vacacións de verán
    Raquel C. Pico despide temporada contándonos curiosidades arredor do turismo e das vacacións de verán. Sabedes que era o Grand Tour? Pois a orixe das viaxes estivais, alá polo final do século XVIII
    7 min
  • Gervasio Sánchez e Almudena Fdez. Fariña
    A Bienal de Arte de Pontevedra ten moito que ofrecer.
    Hoxe detémonos na obra dun fotógrafo e dunha artista plástica.
    Falamos co fotoxornalista Gervasio Sánchez, que expón no Café Moderno Afundación, na Praza de San Xosé, 'Vidas minadas. 25 anos', que nos reflexionar sobre os efectos da violencia na vida das persoas.
    Almudena Fernández Fariña, artista plástica e docente en Belas Artes expón no patio interior do Edificio Castelao do Museo, a intervención ‘Flor de seis pétalos’, na que partindo da flor representada no tímpano orixinal da igrexa de San Martiño promove unha reflexión “sobre a fraxilidade humana e a esperanza en tempos de crise”
    21 min
  • Un museo virtual da migración
    A Rede Museística Provincial de Lugo ten en liña este proxecto, pensado como unha ferramenta educativa para transformar a mirada sobre os movementos migratorios das persoas.O núcleo central do museo é a súa colección de voces.
    Tamén conta cunha liña de investigación, unha liña educativa e outra de actividades. Visitámolo co seu coordinador, Sergio Lago
    18 min
  • 'Eu son o monte'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Eu son o monte’, de Sara Guerrero, na súa derradeira colaboración desta temporada. A chegada dunha parella de retornados a unha aldea galega abre varios interrogantes: Que os agarda? Contarán coa confianza dos veciños? É posible sobrevivir sen traballo nin recursos?
    11 min
  • VIII clasclás de Vilagarcía
    Xa está en marcha a gran cita coa música clásica en Vilagarcía
    O clasclás conta con dous Premios Nacionais de Música, Spanish Brass  e Al Ayre Español, que fan parte do Programa Artístico. Ademais, Luis Fernando Pérez,  IsabelVillanueva , François Dumont, o Trío Hélix, ou Cuarteto Bennewitz.
    A Gala Lírica que clausurará el festival vai estar dedicada a Oberturas e Arias de Giuseppe Verdi e GiacomoPuccini coa soprano Miren Urbieta-Vega  e a Orquesta GAOS . Conversamos co seu director, Fernando Briones  e coa directora do festival, Rosina Sobrido, que pon en valor as matinés e mailo programa clasclás a pé de rúa
    18 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube