Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Rumia
    Carlos Crespo descóbrenos a Rumia, gañadora do Martín Códax na categoría de electrónica. Con raíces galegas e portuguesas, estudou música en Alemaña.
    12 min
  • Fotógrafas ante o canon
    “A forza máis produtiva do planeta son as mulleres”
    Falamos con Andrea Costas Lago, unha das relatoras das xornadas ‘Pensamento visual e fotografía’, organizadas polo Consello da Cultura Galega no MARCO de Vigo
    16 min
  • Trïade
    Afonso Becerra comenta ‘Trïade’,a produción máis nova de Colectivo Glovo, que busca render culto ás ancestras partindo da vida, a morte e mailo renacemento
    9 min
  • Centro de Estudos Galegos en Asia
    “Polo de agora centrámonos en dar a coñecer a cultura galega”
    Conversamos co profesor e sociolingüista Anik Nandi, director do primeiro Centro de Estudos Galegos en Asia, na cidade india de Hyderabad
    16 min
  • 'Votemos' e ‘One to One: John & Yoko’
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana:
    'Votemos’, de Santiago Requejo. A medio camiño entre a comedia e o drama, baséase nunha curta do director e na súa propia obra de teatro arredor dunha xunta de veciños.
    ‘One to One: John & Yoko’, de Kevin Macdonald e Sam Rice-Edwards. Cine documental con arquivos inéditos daquel concerto de Lenon que lle dá nome.
    12 min
  • O Forno da Amara
    “O máis gratificante é recuperar a memoria dos barrios e crear comunidade”
    O Forno da Amara é un proxecto de participación cidadá que busca tender pontes entre o CGAC e os habitantes máis veteranos da súa contorna, de xeito que poidan compartir as fotografías dos seus álbums familiares e xerar un arquivo da transformación da cidade que rematará cunha exposición no museo.
    Conversamos coa súa codirectora, Ana Moure, e dous dos participantes
    16 min
  • A Pedreira, premio Martín Códax de canción de autora
    'Basal' non é un disco máis na carreira de Ugia Pedreira. Recoñecido cun Martín Códax na categoría de canción de autora, foi tamén candidato nos premios MIN e nos galardóns da Academia da Música de España. 
    O proxecto, que terá novas ramificacións proximamente, segue viaxando polos escenarios: o sábado 14 de xuño, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o 27 de xuño no Fisterra Experience e o 20 de xullo no festival Músicas do Mundo, de Sines.
    19 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube