Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • A maquillaxe
    Raquel C. Pico trae a maquillaxe ao seu gabinete de curiosidades. Sabiades que non se popularizou ata os anos vinte?
    11 min
  • Nadie González, hip hop no mar de ardora
    'Noctiluca scintillans' é o nome do primeiro EP da viguesa Nadie González, inspirado polo mar de ardora e unha mala época xa superada. Hip hop introspectivo e feminista que comeza homenaxeando a Salt N´Pepa e Leilía.
    20 min
  • "Obras públicas"
    Comentamos o libro "Obras públicas", unha selección de textos breves do escritor e ensaista Marcos Lorenzo sobre asuntos variados como a noción de liberdade, Deus, a ciencia ou a memoria. Está publicado por Libros Lorref,
    8 min
  • Skullkrusher e Bloodhunter
    Falamos de duas bandas galegas de Death Metal con presenza feminina. Unha delas, xa desparecida, é Skullkrusher, que xurdiu en Lugo co impulso da cantante arxentina Antonella. A outra, Bloodhunter, aínda está en activo despois de mais de 15 anos de vida e ten unha gran proxección internacional grazas en boa parte a súa cantante, Rocío Vázquez "Diva Satánica".
    11 min
  • Xel Prada
    Carlos Crespo preséntanos a Xel Prada, un músico arousán que acaba de pendurar na rede as súas primeiras cancións e de ofrecer o seu primeiro concerto.
    8 min
  • Os destacados da literatura infantil e xuvenil de 2024
    Eva Mejuto foi buscar presenza galega na Feira do Libro de Madrid e dende alí nos fala do catálogo que acaba de difundir a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil. É unha listaxe cos libros infantís e xuvenís máis destacados publicados o pasado ano por escritores do estado nas linguas oficiais.
    11 min
  • Premios musicais
    Tito Lesende fala de premios musicais, do fío dos galardóns que entregou a Academia da música de España. Escoitamos música do terceiro volume do 'PO2054AZ' de Sen Senra, un dos remixes do 'Club A Noite' de Carabela e o primeiro single da viguesa Marta Vidal.
    11 min
  • "Baunsbak"
    Analizamos "Baunsbak", o último espectáculo da bailarina e coreógrafa Elvi Balboa que se acaba de presentar no XI Festival Escenas do Cambio.
    14 min
  • "Sirat" e "La buena suerte"
    A película de Óliver Laxe "Sirat", premio do xurado no Festival de Cannes, proxéctase nun cento de salas de cine españolas. Moncho Lemos comenta esta cinta e tamén a última longametraxe de Gracia Querejeta, "La buena suerte", a adaptación dunha novela de Rosa Montero.
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube