Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Orballo Cultural e Su Garrido Pombo
    Arranca na Estrada o ciclo ‘Orballo Cultural’, que busca redescubrir o territorio a través da cultura e percorrerá outras vilas do país.
    Su Garrido Pombo é unha das participantes. A súa aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes, centra o seu proxecto máis novo, que vai máis alá da música.
    20 min
  • I Festival de series Ría de Vigo
    “Os proxectos galegos son a envexa de Europa”
    Primeira edición do Festival Internacional de series Ría de Vigo. Entre as estreas que acolle salienta ‘Lume’, a nova produción da TVG. Conversamos coa guionista, Irene Pin; co compositor Sergio Moure; e co presidente do cluster audiovisual, Alfonso Blanco.
    17 min
  • Estreas de maio
    Tito Lesende tráenos catro novidades musicais galegas: a "Metamorfose" de Peitoescuro; o "Piketón" de Hydn;"Que todo salga bien" de Pablo Seijas; e o "Maio" de Tona.
    14 min
  • 'Hamburgo' e 'As catro fantásticas'
    Moncho Lemos fálanos de 'Hamburgo' , de Lino Escaleras. Un thriller con pouso de realidade social ambientado na Costa do Sol. Tamén da comedia 'As catro fantásticas', de Jocelyn Moorhouse, con Susan Sarandon e Bette Midler
    12 min
  • Hamburguesas
    Raquel C. Pico mergúllase na gastronomía para celebrar o día da hamburguesa. Cando chegou a Galicia?
    6 min
  • 'Galego'
    “Estar aquí e alá a un tempo. Pásanos a tódolos migrantes, é unha ponte moi forte”
    O actor arxentino Gabriel Fernández chega de xira por Galicia coa obra GALEGO.
    Fillo e neto de galegos, neste monólogo coescrito por el interpreta a un migrante na Arxentina que, xa de vello, desprega a súa memoria para avaliar a súa relación distante coa terra natal e co construído no país onde reside.
    22 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube