Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Misión imposible' e 'Antes de Nós'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: Misión imposible. Sentenza final, de Christopher McQuarrie e con Tom Cruise como protagonista absoluto.
    Antes de Nós, de Ángeles Huerta, sobre o Castelao máis íntimo
    9 min
  • Indala
    “Queremos ocupar o oco que deixaron as grandes bandas de folk dos 90”
    “A industria non está ao nivel de canto se produce en Galicia”
    Con máis de dúas décadas de traxectoria e un nome recoñecido dentro e fóra de Galicia, Xosé Liz presenta o seu proxecto propio, ‘Indala’ , que nace da súa experiencia como músico e docente. Trátase dunha proposta íntima sobre a música tradicional galega e o protagonismo do seu bouzouki eléctrico
    18 min
  • Estréase 'Antes de Nós'
    “Nesta película coñecemos ao matrimonio Castelao, a súa vertente humana e persoal”.
    O Castelao máis íntimo chega aos cines. Estréase ‘Antes de Nós’, de Ángeles Huerta, con Xoán Fórneas no papel protagonista e Cris Iglesias como a súa dona Virxinia.
    18 min
  • O café
    Raquel C. Pico cóntanos curiosidades do café e a súa historia. Sabiades que as primeiras cafetarías galegas datan de comezos do século XX?
    10 min
  • 'Future stories'
    “Sentímonos afortunados de participar nesta residencia artística”, “Aprendemos moitísimo de fotografía de moda”
    A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ten aberta a exposición colectiva ‘Future Stories’, con obras de catro creadores galegos emerxentes recén chegados de Milan: Alba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos. Con estes últimos conversamos.
    18 min
  • 'Sophie non é o meu nome de guerra'
    “É unha oportunidade de tomarmos conciencia das políticas de fronteira”
    Redrum estrea este venres na Coruña 'Sophie non é o meu nome de guerra', un espectáculo teatral a partir do texto homónimo de Roberto Pascual, que narra a viaxe obrigada da protagonista dende o seu Camerún natal ata Galicia, unha vida atravesada polas políticas migratorias, o racismo e a escravitude sexual.
    A peza, dirixida por Laura Míguez, está protagonizada por Camille Hedouin e Alixa Ladson
    19 min
  • 'Os seráns en Vilancosta'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Os Seráns en Vilancosta’, de Santiago Cortegoso. Unha homenaxe dramatúrxica a Avelina Valladares, pioneira da literatura galega e unha das primeiras mulleres en publicar artigos de opinión na prensa do século XIX
    10 min
  • ‘Galicia Design Week’
    O festival de deseño ‘Galicia Design Week’, que está a ter lugar na Coruña, fai da cidade a capital do deseño por sexto ano.
    Está codirixido por Álex Rico, con quen falamos da manchea de actividades que programan, todas de balde.
    Tamén conversamos con Daniela Arias, coordinadora, que vai moderar a USUAL SUMMIT este xoves
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube