Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Música clásica en Lugo, Ferrol e Santiago
    Pablo Sánchez Quinteiro trae hoxe no repertorio o Festival de Música Cidade de Lugo, a programación da Sociedade Filharmónica Ferrolá e o peche de temporada da Real Filharmonía de Galicia.
    Con obras de Barbara Strozzi, Shostakovich e Beethoven.
    11 min
  • 22ª edición do Festival de Cans
    “Queremos manter a escala humana por riba de todo”."En Cans vaise vendo ano a ano a construción dos cineastas"
    Alfonso Pato, director do festival de Cans, debulla connosco a programación da súa 22ª edición, que principia mañá.
    17 min
  • XMaseda65
    Carlos Crespo tráenos o primeiro disco profesional do viveirense Xosé Maseda Calvo (XMaseda65): ‘ Pontes’
    14 min
  • 'Fillos do vento: A rapa"
    “Queriamos que o público sinta que está aí”
    ‘Fillos do vento: A rapa’, de Brais Revaldería, sitúa o espectador dentro da rapa das bestas de Sabucedo, grazas a unha proxección 270°. Estes días exhíbese no Festival de Cannes na sección “Competición Inmersiva”.
    13 min
  • Cantareiras para a rapazada
    Eva Mejuto compila algúns dos últimos libros infantís sobre as cantareiras. Dinguirindiña. A viaxe de Saleta a pandeireta con texto do grupo Caldo e ilustracións de Ro Ledesma; Tacón, punta, tacón, de Anxo Iglesias e ilustrado por Laura Romero; A avoa canta como a cotovía, de Celia Díaz e Alba Santa e Eu non canto por cantar, de Antón Santamarina e Manuel Rico.
    12 min
  • Eva Castiñeira
    Isabel Freire conversa con Rodrigo Romaní sobre Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas nas Letras Galegas de 2025. Nada en 1925 no lugar de Agranzón, en Muxía, emigrou á Coruña, onde a coñeceu Rodrigo Romaní, integrante de Milladoiro. En 1981 o grupo convidounas a ela e á súa irmá Engracia a participaren nun concerto no pavillón de deportes. Convertéronse nas primeiras pandeireteiras en subir a un escenario cun grupo folk.
    12 min
  • 'Roland mon amour'
    Afonso Becerra comenta ‘Roland mon amour’, un monodrama de desexo e música que mestura a escrita, o baile e a plástica. De Cris Balboa
    6 min
  • Tito Lesende ponse cantareiro
    A playlist de Tito Lesende: ‘ A ghatiña mansa’, unha colaboración de Tanxugueiras e Caamaño& Ameixeiras, ‘O bruar das cantareiras’, de Xosé Lois Romero & Aliboria e ‘O meu ser’ de Xan Pais
    10 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube