Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Onde nacen as bestas'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Onden nacen as bestas’, de Pedro Feijoo. Unha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas
    7 min
  • 30 anos da Fundación Granell
    A Fundación Granell celebra con dúas exposicións na súa sede do pazo de Bendaña o seu 30 aniversario. Conversamos co seu comisario e conservador xefe da institución, Eduardo Valiña, que tamén nos conta da peripecia vital e artística dos protagonistas, o propio Eugenio Granell e a súa muller, Amparo Segarra.
    19 min
  • Óliver Laxe: "O noso principal medo non ten que ser morrer, senón enganarnos"
    Conversamos co cineasta Óliver Laxe e o actor Sergi López, protagonista de 'Sirat', filme que acaba de conseguir o premio do xurado no festival de Cannes. A película comeza nunha rave do deserto na que un pai busca a súa filla desaparecida, e enfronta os seus personaxes con experiencias extremas que os obrigan a mirar cara adentro. Para Laxe, "en Sirat plásmase a miña cosmovisión, a miña maneira de estar no mundo".
    18 min
  • Kid Mount
    Carlos Crespo tráenos a ‘neno do monte`, ou o que é o mesmo, o músico de Xinzo Kid Mount. Acaba de sacar “NeoAmor”
    11 min
  • BD para toda a familia
    Hoxe con Eva Mejuto lemos banda deseñada: ‘Noa e a cidade sen maxia’, de Angie Roca; ‘O destino de Kameko’, de Jorge Campos e Abel Alves; ‘A busca de Muncho’, de Tiago Delgado; ‘Herba’, de Keum Suk Gendry-Kim; e a serie ‘Hilda & Twig’, de Luke Pearson
    10 min
  • Adeus a Piti Sanz
    O mundo da cultura chora a perda de Piti Sanz, De orixe andaluza pero afincado en Lugo, foi membro de bandas como Los Contentos e Di Elas e un prolífico autor de música para teatro, cine e televisión.
    18 min
  • Adeus á Panadaría Teatro
    Con Afonso Becerra repasamos os 12 anos de traballo de A Panadaría Teatro. Despídense dos escenarios porque as súas tres integrantes emprenden proxectos novos
    9 min
  • A banda de Paradela
    A banda de música de Paradela está de aniversario. 152 anos de traxectoria que repasamos co director do conservatorio de Lugo, Borja Durán; a presidenta da banda, Marisol Arias; e Julio Varela, de 93 anos, que aínda se retirou hai dous.
    20 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube