Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Coñecendo as cantareiras
    Na recta final para o Día das Letras Galegas, afondamos no coñecemento das cantareiras que personifican a homenaxe á poesía popular de tradición oral. Son Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica)
    17 min
  • 30 anos de cine
    "O meu cine fala das cousas e persoas que perdemos"
    Alfonso Zarauza celebra 30 anos de cinema cunha retrospectiva en Numax, unha exposición na Zona C de Santiago e o Pedigree de honor do Festival de Cans
    20 min
  • Elena Zas
    Carlos Crespo trae a Elena Zas. A música e mestra coruñesa acaba de sacar o seu primeiro disco "Caída Libre"
    8 min
  • De ronda con Mondra
    “Son un privilexiado por traballar no que me gusta”
    Recibimos a visita de Mondra, que anda a presentar ‘De ronda’, o seu segundo disco de estudio. Este traballo contén once temas ou “estados do corpo” e letras que transitan dende o desexo ata a crítica social, sempre conectados coa tradición oral.
    O teense saca asemade un proxecto audiovisual que se pode ver na súa canle VEVO .
    19 min
  • Lectura fácil
    Lectura fácil con Eva Mejuto: '20.000 leguas baixo dos mares', de Jules Verne. Editorial Galaxia.
    ’ As emoticonas. Onde van?’ , de Susana Peix. Cumio.
    ‘Nicolás vai á biblioteca’, da Asociación Bata. Kalandraka Editora
    E un audiolibro ‘Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís
    10 min
  • Tres propostas singulares no Escenas do Cambio
    O Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela, acada a 11ª edición e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción
    Achegámonos a tres destas propostas singulares: ‘Roland mon amour’, un monodrama de Cristina Balboa.
    ‘Familia Nijinska’, de Vacaburra, unha conferencia escénica bailada e debuxada.
    E unha peza audiovisual efémera ‘O intanxible e o non mundo’, de Mercedes Peón.
    16 min
  • Escenas do Cambio
    Afonso Becerra comenta a 11ª edición do Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción
    13 min
  • A Domus do Mitreo
    “A Historia non é o que, é o por que”
    Vituco Neira lévanos ata Lugo, onde a Domus do Mitreo acaba de incorporarse ao Sistema Galego de Centros Museísticos, para falar coa súa directora artística, Dolores Dopico.
    O conxunto está conformado por unha vivenda e un templo dedicado ao deus Mitra, un elemento de gran singularidade e relevancia histórica ao tratarse do único, ata o momento, en toda a Península Ibérica que conserva a planta enteira.
    14 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube