Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Habló Pablo'
    Carlos Crespo tráenos a Pablo Valín, que pasou hai uns anos do tenis ao hip hop como 'Habló Pablo'. O lugués acaba de sacar disco : «No soy nadie, pero soy yo»
    10 min
  • Rosa María Méndez
    “Gustábame tanto que decidín quedar ao remate da bolsa, mesmo sen soldo”
    Rosa María Méndez, recentemente galardoada coa insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, estivo á fronte da  Biblioteca e Arquivos da institución durante 40 anos. Vituco Neira repasa con ela a súa traxectoria, dende os comezos do museo ata a súa recente xubilación
    17 min
  • 'Retorno' e Premios Follas Novas
    Eva Mejuto trae ao seu Faro dos Libros 'Retorno', a novela que pecha a triloxía distópica de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais. Un universo de ciencia ficción feminista nun futuro nada alentador,  coa orde mundial aberta trala 'Gran Desconexión'.
    Tamén repasamos a literatura infantil e xuvenil recoñecida nos Premios Follas Novas, como ‘Cartas na escuridade’, de Lois Pérez ou ‘Como escorrentar un lobo’, de Antonio Manuel Fraga.
    12 min
  • 'Dance join'
    'Dance Join', o novo espectáculo de danza de Marta Alonso, hoxe en Lugo
    A obra hibrida danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico
    13 min
  • 'Baleiro'
    Afonso Becerra comenta ‘Baleiro’, a nova peza de Ensalle Teatro e Juan Navarro.
    Texto, dirección e dramaturxia de Pedro Fresneda e Juan Navarro, e creación e interpretación de Raquel Hernández, Artús Rei, Pedro Fresneda e Juan Navarro
    10 min
  • Na casa de Abraham Cupeiro
    “Son afortunado por poder unir música e historia e moi agradecido pola resposta da xente”
    Achegámonos ata Castro de Rei con Vituco Neira para conversar con Abram Cupeiro, que mañá arranca xira en Ourense con ‘Loira’ e as entradas esgotadas
    As datas seguintes dos concertos en Galicia serán o 25 enFerrol e xa en xuño A Coruña, o día 6, todos coas entradas esgotadas. Contra finais de ano as citas programadas son Vigo, o 20 de decembro, e Santiago o 26.
    20 min
  • Os premios MIN e Dani Cornes
    Tito Lesende repasa os artistas galegos galardoados nos premios MIN, entre eles The Rapants, que conseguiron o de mellor disco en galego por 'La máquina del buen rollo'.
    Escoitamos con atención 'Aquí sempre tes casa', canción que avanza o disco que o artista grovense Dani Cornes publicará en 2026. E repasamos a axenda de concertos con música
    de Los Jinetes del Trópico e Leria.
    14 min
  • 'Chavellos sinfónico'
    Chavellos é unha formación viguesa que combina instrumentos tradicionais con zanfonas, acordeóns e percusión. Andan a presentar o seu vinilo de edición limitada “Chavellos sinfónico”. Vituco Neira fala con tres dos seus integrantes: Juan Eiras, Diana Traba e Daniel Pequeño.
    15 min
  • 'La buena letra' e 'Bienvenido a la montaña'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas para esta ponte festiva: ‘La buena letra’, de Celia Rico. Drama  ambientado na Valencia da posguerra dos anos corenta.
    ‘Bienvenido a la montaña’, de Riccardo Milani. Comedia italiana que transcorre arredor dunha escola rural no Parque Nacional dos Abruzos.
    9 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube