Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • 'Taibo'
    Un libro e un espectáculo recuperan a figura do médico, músico e escritor Luís Taibo, un “verso libre” da música galega. O musicólogo Alberto Cancela elabora a biografía dunha figura con múltiples vidas que publica Sonora Urbana, unha liña editorial de aCentral Folque
    16 min
  • 'Una quinta portuguesa' e 'También esto pasará'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas:
    ‘Una quinta portuguesa’, de Avelina Prat. Un tranquilo profesor de xeografía suplanta a identidade dun xardineiro.
    ‘También esto pasará’, de María Ripoll. Unha muller viaxa á casa materna en Cadaqués tras morrerlle a nai.
    E, en agalega.gal poderase ver dende o sábado ‘O Corno’, de Jaione Camborda
    12 min
  • Obradoiro de composición sonfónica no RESIS
    “O noso obxectivo é ter un punto de encontro entre o público e os compositores contemporáneos “
    O Festival RESIS de música contemporánea e artes vivas, que dirixe o compositor Hugo Gómez-Chao, integra propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas. Visitamos da man de Vituco Neira o obradoiro de composición que se desenvolve en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia.
    17 min
  • XXI edición do festival Play-Doc
    Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc
    Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.
    21 min
  • Rosalía en Camiño
    “Buscamos reivindicar a actualidadade de Rosalía e poñer os poetas galegos a dialogar cos doutras línguas”
    Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’.
    As xornadas poéticas multilingües principian hoxe en Santiago e Padrón con poetas de diversas partes da península e mailo cineasta Oliver Laxe,o primeiro «non poeta stricto sensu» que participa no encontro.
    20 min
  • A Roda do Castro
    A Roda do Castro, na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón), acolle estes días drons, sensores de tecnoloxía LiDAR  e ferramentas xeomagnéticas que permitirán topografar o xacemento e detectar estructuras construtivas soterradas. Vituco Neira fala con Carlos Otero, técnico do Instituto de Ciencias do Patrimonio
    10 min
  • ‘As poetas da colección Salnés’
    Dolores Vilavedra comenta ‘As poetas da colección Salnés’. Este volume principia a colección conmemorativa coa que Editorial Galaxia celebra o seu 75aniversario e recupera o espírito innovador das súas publicacións dende 1950
    13 min
  • 'Efémeras'
    “Quixemos darlle unha volta ao patrimonio traballando dende a localización xeográfica e o propio contido das imaxes”
    Cantometrics estrea ‘Efémeras’, un traballo no que renden tributo ao labor da fotógrafa Ruth Matilda Anderson.
    O espectáculo xunta fotografía, videocreación e música para explorar os retratos da norteamericana na Galicia dos anos 20. Conversamos coa gaiteira Marina Fernández Vivo
    17 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube