Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Crazy Cabuxa e Her Anxiety
    Patty Castro tráenos dúas bandas galegas cun forte impacto na escena metal galega. Crazy Cabuxa e Her Anxiety, ambas da zona de Vigo e con vocalistas femininas
    10 min
  • 'Hibernarse'
    Fillas de Cassandra publica ‘Hibernarse’,
    un EP no que o dúo vigués reflexiona
    sobre a construción social do tempo. María SOA e Sara Faro visitan o Diario Cultural para darnos conta do seu traballo novo, un proxecto multiformato que inclúe un álbum, un videofilme, un fanzine e outras sorpresas
    18 min
  • 'Aurora boreal' e 'Transeúnte'
    “Hai que saber de onde vimos para saber onde imos”
    Celebramos o Día Internacional da Danza con dúas estreas en Santiago e na Coruña: ‘Aurora boreal’ e ‘Transeúntes’.
    Conversamos cos coreógrafos Paula Quintas e Daniel Rodríguez
    17 min
  • Sofía Espiñeira
    “O territorio ten unha importancia clave. Somos nómades”
    Recibimos a visita de Sofía Espiñeira. A mugardesa acaba de presentar o seu segundo disco ‘Xeografías’, gravado co produtor Arturo Vaquero.
    Un traballo cheo de paisaxes sonoras, con tinturas intimistas e de raíz e percusión corporal.
    20 min
  • Lecturas de ciencia ficción
    Eva Mejuto recomenda lecturas de ciencia ficción: ‘Púrpura Tero’, de David Cortizo e ‘Galizan nation. Uma distopía K-pop’’, de Isabel Rei Samartim
    9 min
  • 'Cicatriz'
    Afonso Becerra comenta ‘Cicatriz’, de Kirenia Rodríguez e Antón Reixa, combina danza e palabra para explorar o desexo e a entropía como motores da vida
    13 min
  • 12ª Carballo Interplay
    “Este ano hai un punto de inflexión que é a parte social da internet”
    Carballo Interplay celebra a súa duodécima edición consolidado como referente dos contidos dixitais e a creatividade en galego. Vituco Neira conversa con Andrea Villa, da organización, e con Andy, un profesor estadounidense que publica en redes en lingua galega.
    Destaca tamén a preestrea de «Mariliendre», a nova serie musical dos ‘Javis’
    16 min
  • De Ronroneo a Grande Amore
    A lista de reprodución de Tito Lesende inclúe hoxe a Ronroneo (Jacobo Varela) e os concertos de Montedapena, mañá en Vigo en La Fábrica de Chocolate; Carabela, o sábado no Guión de Pontedeume e Grande Amore que estará na Coruña os días 1 e 2 de maio na Mardi Gras e o 3 en Burela.
    15 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube