Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Arranca na Coruña o Encontro Mundial de Humorismo
    Arranca na Coruña a quinta edición do EMHU, o Encontro Mundial do Humorismo. Conversamos co seu director artístico, Luis Piedrahita, que salienta a presentación no Teatro Colón de ‘‘Playa de lobos’. Ao remate da proxección, os asistentes poderán falar con Javier Veiga e Marta Hazas.
    Como actividade complementaria pódese ver no Cantón Grande a exposición “Guonderful Forges”.
    14 min
  • ‘El último suspiro’ e 'A Foreign Song'
    Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine para a fin de semana:
    * ‘El último suspiro’, de Costa Gavras, unha película arredor da eutanasia e dos coidados paliativos.
    * 'A Foreign Song', un documental de César Souto sobre o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens
    Tamén recomenda ‘Os espazos en branco’, que se poder ver na plataforma de AGalega
    8 min
  • O FIV acada a súa edición número 18
    En Vilalba arranca este venres unha nova edición do FIV, que chega á súa edición número 18. Debullámola con Vituco Neira en conversa con Carlos Montilla, un dos organizadores, e co director da banda de música local, que é cabeza de cartel un ano máis.
    16 min
  • ‘Sobre todo'
    Mónica Maneiro comenta, unha exposición de Enar de Dios Rodríguez na NORMAL da UDC
    Este éun proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre o ‘Capitaloceno’
    9 min
  • Faia presenta o disco 'Alvela'
    “No canto tradicional hai unha dimensión colectiva”
    Este traballo consta de dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer
    Hai xa unha semana que se esgotaron as entradas para o concerto de presentación de ‘Alvela’, maña 23 de abril, no Teatro Principal de Santiago
    19 min
  • 'As augas interiores'
    Dolores Vilavedra comenta «As augas interiores» , de Blanca Riestra. Na novela a protagonista embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio
    10 min
  • 'A Gran Gala do Circo'
    “Serán 75 minutos de audacia, risas e participación”
    A Gran Gala do Circo, este domingo no Auditorio de Galicia.
    Conversamos con José Expósito, xerente de Pistacatro e con Antón Coucheiro, pallaso e presentador do espectáculo
    20 min
  • Música clásica na franxa atlántica
    Pablo Sánchez Quinteiro comenta o Concurso internacional de piano Cidade de Vigo e mailos concertos da Real Filharmonía de Galicia e do Ensemble Vigo 430. Tamén nos aprende que é un baritón.
    10 min
  • 'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling'
    'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling'
    Exposición no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, na parroquia friolense de Xiá (Lugo).
    Entre 1928 e 1933, Walter Ebeling percorreu a montaña lucense coa súa cámara de fotos. Agora, máis de 500 pezas de indumentaria visten 35 manequíns que dan forma a esa Galicia de hai cen anos retratada polo etnógrafo alemán.
    Ata o 30 de maio
    12 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube