Sodes de tirar ou de reparar? Preguntámosllo aos oíntes e ademais falamos con Ana Núñez, da empresa Feitodepao, especialista na restauración de mobles de madeira. Celebramos os 40 anos da Agrupación de Montañeiros Independente da Coruña conversando con Félix Criado, Mariquiña Castiñeira e Fausto Blanco. Cada vez máis xente comparte coche para ir ao traballo. O profesor Pablo Rodríguez creou unha aplicación chamada Blablacole para que os mestres poidan organizar os seus desprazamentos. Como facer unha boa croqueta? Responde á pregunta José Luis Guesalaga, responsable das tendas Croqueta y Presumida. Tamén probamos filloas, pero as musicais que nos trae Iago Galego. Nuria Benlloch, unha das creadoras da empresa viguesa Las Flores de Greta, cóntanos o que é o ecoprint. Voamos en parapente polos ceos de Oia con José Luis Díaz, xerente de Parapente Factory, e propoñemos asistir á representación da obra teatral "Ninguén tira fotos nos enterros", de Carlota Mosquera.