Explicamos como utilizar elementos pirotécnicos este Nadal de forma legal e con seguridade coa axuda de Alejandro Martínez, director xeral da Fundación Eroski. Javier Pastoriza, da asociación de comerciantes do Obelisco, na Coruña, cóntanos como facemos os galegos as compras de Nadal. A compositora Sara Galiana fixo da novela "Assur" unha sinfonía que pronto se interpretará en Lugo. O escritor Francisco Narla fálanos desta adaptación musical da súa obra. No programa tamén contamos con dous dos compoñentes da banda Océano Eskizo. Xosé Manuel Pereiro e Luis Jardi fálannos da fusión de dous grupos históricos da Coruña, Radio Océano e Os Eskizos. Coñecemos a Aida e Rosa, as cantadeiras de Moscoso, da man do investigador do folclore galego Luis Prego. Celebramos os corenta anos da Asociación de Balnearios de Galicia co seu xerente, Benigno Amor, e o astrónomo Borja Tosar explícanos o que é o "efecto perspectiva", esa especial visión da terra que teñen os astronautas dende o espacio.