As celebracións de Nadal chegan cada ano con máis anticipación. Que opinan os nosos oíntes sobre esta moda de adiantar as festas? Ademais falamos cun instalador de alumeado navideño, Abel Vázquez, e cunha familia de Vigo que decorou unha árbore de 20 metros de altura para reivindicar que o Concello coloque alumeado navideño na súa parroquia, Comesaña. Coñecemos a Mingos, o derradeiro zapateiro de Verín. Contamos a historia dunha cerería de Pontecesures fundada en 1844. Visitamos a exposición de Annie Leivovitz na Coruña. O chef Álvaro Villasante explícanos en que consiste a iniciativa "Cociña +60", que busca promover a alimentación saudable das persoas maiores. Sara, Gala e Noelia, da asociación cultural Pesquedellas, explícannos en que consiste o proxecto "Bailadoras do Turreiro. Unha foliada comentada para a posteridade". A Asociación Pro Minusválidos de Ortegal pon en marcha un musical interpretado por persoas con discapacidade intelectual. Sobre el falamos coa xerente de Apromor, Araceli Blanco e co autor da obra, Quico Bouza. Eloi Fernández busca activistas xuvenís polos colexios de Galicia para defender a natureza, o feminismo ou loitar contra o racismo e a xenofobia. Fálanos do proxecto "Activistas polo mundo", que el coordina. Iván Carril explícanos a que se dedica a empresa Cloudflare e Rafael Quintía quen é A Vella na mitoloxía galega.