A Tarde prepara as vacacións buscando ofertas para viaxar en xuño con Juan Rvadulla, presidente da Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia. Imos ata a Ribeira Sacra para saber como están as reservas para este verán. Coñecemos como se facilita o acceso ás praias en Vigo e unha instructora de voo, Lourdes Carmena, explícanos como perde-lo medo a viaxar en avión.
No Día Mundial das Tapas falamos cun restaurador de Ferrol, Alejandro Martínez, que elabora algunhas de premio. Conversamos co rapeiro vigués Dirty Suc. Visitamos a exposición sobre os vikingos que se pode ver no Museo do Mar de Vigo. O doutro Norberto Propupín fálanos das varices e Iván Carril advírtenos sobre un calote no que os estafadores se fan pasar pola nosa compañía telefónica.