Por que se marean no coche algunhas persoas? Son eficaces as "lentes antimareo"? A otorrina Marta Paulos responde a esas preguntas. No programa viaxamos a Sober para facer unha rota en quad dende a "Casa das Arcas"; a Vilalba, para visitar a queixería Crisanto, onde elaboran o mellor queixo de España; ou a Vigo, para probar os bocatas de xelado de Framenti. O director do Combo Dominicano, Cirano Núñez, convídanos á xira do XX aniversario da súa orquestra. A influencer María Prado Rúa ponnos a súa banda sonora. Falamos coa actriz Aisa Pérez. Óscar Regal sinálanos os destinos vacacionais de moda. A avogada Ana Camiño explícanos as reglas para convivir con mascotas. Maximino Pérez desvela cales son os radares que poñen máis multas en galicia. Conversamos sobre conducción automatizada co director de electrónica e mobilidade do CTAG, Francisco Sánchez, e preparámonos para mercar lotaría de Nadal en pleno verán.