Comeza na Mariña un dos grandes festivais de música clásica do verán: o fetival Bal y Gay.
Ata o 21 de agosto, pasarán polo Norte de Lugo artistas e orquestras que habitualmente tocan nas salas máis emblemáticas do mundo: dende o Carnegie Hall de Nova York á Ópera de Sidney.
Famosos pianistas, violinistas, sopranos, cuartetos internacionais saen dos escenarios habituais, cambian de territorios.
Dos grandes auditorios a espazos patrimoniais máis íntimos. Darán concertos en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá.
O Festival Bal y Gay abre no Castelo de Castro de Ouro, coa actuación do pianista ruso Denis Kozhukhin.