A ría de Vigo, fronte a praia de Samil é escenario da parada naval celebrada na véspera do Día das Forzas Armadas, coa participación dun portavións, varias patrulleiras e outras embarcacións. Contamos cómo o Rei pasaba revista a bordo do buque Audaz e despois baixaba ó areal de Samil. Dende alí a súa Maxestade, acompañado de altos mandos do exército e autoridades, asistiu a unha exhibición de manobras dos distintos medios militares. Igual que o numeroso público presente na praia, podemos seguir as intervencións da unidades da Armada, do Aire, Ume e Garda Civil: dende unha abordaxe no mar, unha operación de rescate, con atención a feridos, asi como exercicios dos paracaidistas. Falamos de ciruxías en cans e gatos, coa ciruxana e directora de Anicura Abro Hospital Veterinario. Sofía Portugal indica que a estirilización das femias é a cirurxía máis habitual, pero tamén se realizan moitas cesareas e intervencións no aparello dixestivo. Avanzamos detalles da Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces, que este domingo chega a súa 32 edicións. Evaristo Rodriguez, presidente da Asociación de Criadores, explícanos as características desta ave e os incentivos da súa cría.
Coñecemos "Barco fantasma", o novo disco do grupo Néboa, cun dos seus integrantes, Lucas de Centi, e conversamos co xornalista deportivo Luís García Rey sobre a súa última novela, "Chantaje". ¿Seremos quen de instalar unha estación espacial permanente na Lúa? O astrónomo Borja Tosar explícanos as difíciles condicións que presenta este satélite e os traballos que se fan para logralo.