Celebramos o Día da Xente do Mar falando cunha das 1.500 mariscadoras da Confraría de Noia. Mercedes Silva explícanos as razóns polas que elixiu dedicarse ó marisqueo a flote, para ela un traballo, unha tradición e un disfrute. Esta muller nova cóntanos cómo realizan esta actividade, cómo afrontan os anos de pouco marisco e tamén algunhas ideas equivocadas sobre este sector; experiencias que traslada co nome de Totakeki ás redes sociais, onde ten máis de 400.000 seguidores. A Unión Galega de Taxi, UGATAXI, acaba de crearse co obxetivo de dar un servizo de cobertura global en toda Galicia, tanto nas cidades como no rural. O seu vicepresidente, Juan Carlos Sambad, coméntanos cómo medra o número de asociados e as características da súa app, que facilita moito a mobilidade dos turistas e peregrinos que chegan á comunidade. A primeira fin de semana de xullo celebrarase a trixésimo terceira edición da Festa do Pan de Cea, adicada a maridar este alimento cos produtos do mar. O presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, Juan Luís Calviño, explica que o gran problema que afronta o pan de Cea é a falta de relevo xeracional para elaborar un produto totalmente artesanal, cocido en fornos de leña: pasaron de ser 23 panadeiros en 2003 a só 12 na actualidade, o que se traduce en dificultades para atender a demanda crecente deste pan tan especial.
Con Tito Lesende repasamos a evolución e o cartel da 21 edición do Resurrection Fest, figuras e estilos de rock que se escoitarán en Vivieiro dende o día 1 ó 4 de xullo.