Os códigos QR xa non se aplican só en restaurantes, tendas, produtos..., en Galicia hai un cemiterio, o de San Vicente de Cerponzóns, en Pontevedra, onde xa se comezou a colocar este dispositivo nas lápidas. Juan José Esperón, secretario da Asociación de Veciños O Cheleiro, cóntanos por qué incorporou un código QR ó panteón familiar. Esperón asegura que esta medida tecnolóxica facilita que os descendientes ou calquera persoa poida achegarse á historia dos difuntos, refrescando e mantendo viva a memoria do lugar. O festival Clownbados, celebrado estes días en Cambados, acolle o novo espéctaculo da compañía Circus Nova. O seu director, Brandan Corredoira, explica que na función "Aura" mexturan maxia, humor, acrobacias, poledance, música e proxecccións realizadas con IA; un cóctel para entreter e reflexionar sobre cómo a tecnoloxía pode facernos perder as emocións, a risa e os soños. En Enchendo o bandullo, o chef Javier Barba coméntanos a historia do ovo na cociña, o prezo e as propiedades deste alimento supercompleto, que aporta vitaminas, minerais e colina. O chef detalla os tempos e trucos para preparar ovos pasados por auga, ovos mollet, cocidos e fritidos.
En Talento Galego coñécemos cómo se formou, as referencias e os plans da banda emerxente Kafé de pota, que xa está subindo os seus temas ás redes.
Co noso colaborador Manuel Rial achegámonos ó Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre do Campo Lameiro, que recrea a paisaxe da Idade de Bronce e conta cunha das maiores concentracións de petrófligos de Galicia. Rial apunta as posibles interpretacións dos círculos concéntricos, labirintos e cervos debuxados nas rochas e lanza algunhas recomendacións para visitar este lugar.