Tito Rober e Víctor Grande converten o programa nunha improvisación. Conversamos coa muralista Lula Goce. O director do festival de banda deseñada "Viñetas desde o Atlántico", Manel Craneo, coméntanos o programa da edición deste ano. Falamos do eclipse con Antón Baleato, un cosmólogo da Universidade de Berkeley que participa nun congreso na Coruña, e con Antonio Álvarez, da Asociación Astronómica de Ourense. A concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, convídanos á festas da localidade. Xulia Lomba preséntanos un peculiar club de lectura da Coruña, "Vino a leer". De viño precisamente trata a sección de Javier Barba, que nos ensina a escollelo. Manuel Rial danos unha lección sobre dolmens.