'As fillas bravas' de Chévere saen de xira e publican libro
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. As Fillas Bravas levan unha década xirando e viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible.