“Son un privilexiado por traballar no que me gusta”
Recibimos a visita de Mondra, que anda a presentar ‘De ronda’, o seu segundo disco de estudio. Este traballo contén once temas ou “estados do corpo” e letras que transitan dende o desexo ata a crítica social, sempre conectados coa tradición oral.
O teense saca asemade un proxecto audiovisual que se pode ver na súa canle VEVO .