“Desta volta aproveitamos as sinerxias co cine”
A vixésimo sexta edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, aberto ata o 6 de abril, está centrada no cinema e conta con Francia como país convidado.
Este evento cultural, un dos máis importantes de Galicia no ámbito da literatura infantil e xuvenil, ofrece unha ampla variedade de actividades, incluíndo obradoiros, contacontos, espectáculos de artes escénicas, concertos, proxeccións audiovisuais e presentacións de libros.
Eva Mejuto é a súa directora. Conversamos con ela e coa escritora Fina Casalderrey