“As músicas e líricas dun pobo viaxan na memoria das mulleres. Temos un patrimonio inmenso”
‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras.
A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas realizadas ao longo de trinta anos, vén adornada de historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións.