Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes deste fotógrafo documental nado en Hungría e nacionalizado español.
Fábricas de conservas, portos, lavadoiros aparecen nas imaxes, 34 delas inéditas, que retratan a Galicia traballadora dos anos 60 con mirada humanista.
Escoitamos a súa filla, a tamén fotógrafa Ana Muller, e o comisario da mostra, José Ferrero.