A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual,
polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine
Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que protagoniza a sesión inaugural da mostra, 'O carro e o home'.