“Paseime un pouquiño e da lenda negra cheguei á lenda rosa”
‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare.
A obra inaugura unha nova entrega de Clásicas desfeitas (XII), o ciclo de coproducións do CDG e a Cidade da Cultura.