A exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas publicadas por Pepe Carreiro no desaparecido Xornal de Galicia na primeira década deste século.
Moitas delas incorporan cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de humorismo gráfico en xornais de Carreiro. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Cultura,
pode visitarse ata o 6 de marzo no local de agrupación cultural Alexandre Bóveda da Coruña, na rúa santo André.