Repasamos as obras finalistas nos premios do audiovisual galego, nas que a serie 'Rapa' e os filmes 'As neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados' acaparan 40 candidaturas.
A gala de entrega desenvolverase por primeira vez en Lalín, o 15 de marzo. Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e a presentadora Teté Delgado,
avánzannos algúns pormenores da vixésimo terceira edición da festa do cine e a televisión do país, baixo o lema 'O audiovisual en movemento'.