“Non hai fotografía que lle faga xustiza”.Os arqueólogos Benito Vilas e Gustavo Pascual falan así do Mosaico de Panxón, que poderá admirarse na casa consistorial de Nigrán a partir do 7 de febreiro logo dun longo periplo polo mundo.
Trátase dunha peza arqueolóxica extraordinaria do século III, única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico.
Raquel C. Pico dedica o seu espazo semanal a Luisa Cuesta, a primeira bibliotecaria da USC, onde tamén foi profesora e das primeiras alumnas da facultade de Dereito.