Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00... more
FAQs about Todos os podcast | En xogo motor:How many episodes does Todos os podcast | En xogo motor have?The podcast currently has 3,603 episodes available.
January 22, 2025Diario cultural 22-01-2025Falamos co pintor Xoti de Luis da súa exposición "The wall", unha escolma dos seus traballos máis recentes que se pode ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense....more17minPlay
January 22, 2025Diario cultural 22-01-2025Escoitamos '2', o primeiro álbum de Mocho Gris, un dúo formado polo galego Lucas de Centi e o portugués João Neves. Manel Cráneo fálanos de cómics que pasan ao dominio público....more31minPlay
January 21, 2025"Melancholy Moon"Mónica Maneiro comenta a exposición "Melancholy Moon", da compostelá Haya Blanco na galería Metro. A mostra explora novas formas de representar e conceptualizar a contorna natural e urbana a través da pintura cunha estética infantil e evocadora....more11minPlay
January 21, 2025"O enxoval da noiva""O enxoval da noiva", publicada en 1988, é unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes. Galaxia acaba de reeditar esta parábola sobre a fin dos tempos inspirada na voda de Lucrecia Borgia. Dolores Vilavedra fala dos novos significados que adquiriu a obra co paso dos anos....more14minPlay
January 21, 2025Diario cultural 21-01-2025Tras 15 anos de ausencia volve a Bienal de Arte de Pontevedra. O seu comisario, Antón Castro, fálanos da recuperación deste evento que se desenvolverá durante o verán, terá o seu epicentro no Museo de Pontevedra e estenderase a outros puntos da provincia. A nosa colaboradora Dolores Villavedra lémbranos unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes, "O enxoval da noiva"...more31minPlay
January 21, 2025Diario cultural 21-01-2025O Observatorio da Cultura Galega publica un informe que describe a evolución dos museos galegos nos últimos vinte anos. Conversamos co coordinador do Observatorio, Häkan Casares.Mónica Maneiro analiza a exposición 'Melancholy Moon', da artista Haya Blanco, que pode visitarse na Galería Metro de Santiago....more31minPlay
January 21, 2025Diario cultural 21-01-2025Isabel Freire conversa con Toni Legido, o comisario da exposición "25 anos de felicidade colectiva" coa que a Sala Mardi Gras conmemora o seu aniversario na Casa Museo Casares Quiroga. Begoña Vázquez fala con Antón Castro, responsable da Bienal de Pontevedra....more17minPlay
January 20, 2025Unnatural e RottentownFalamos de duas bandas cun denominador común, a prenza dunha muller entre os seus compoñentes. Unha delas, Unnatural, xa está disolta. A súa baterista era a ourensá Sonia Albor. O outro grupo, Rottentown, segue dando guerra en Ferrol coa súa cantante Audrey Lutwidge....more11minPlay
January 20, 2025Todo el largo veranoO grupo ferrolá de pop Todo el largo verano presenta novo disco, unha colleita de cancións dos últimos anos reunidas co título "Cabos sueltos". Carlos fala co alma mater desta formación, Alberto Amigo....more10minPlay
January 20, 2025Cecilia F. Santomé: "Falamos pouco da pegada que deixa nas familias a morte dos avós"'As despedidas' explora as horas que transcorren entre a morte do avó da narradora e o seu enterro. Un velorio na casa que suspende o tempo a través de ritos en vías de desaparición, expón as dinámicas das tres xeracións da familia e dispara a memoria.Esta terceira novela de Cecilia F. Santomé está publicada por Edicións Xerais....more16minPlay
FAQs about Todos os podcast | En xogo motor:How many episodes does Todos os podcast | En xogo motor have?The podcast currently has 3,603 episodes available.